Blog

Letras Galegas

O Día das Letras Galegas e un día especial para tod@s @s galeg@s, no cal destacamos a importancia da literatura no noso idioma, estando este ano adicado a María Victoria Moreno. Nesta data, ademais de enxalzar á figura da escritora, ímos amosar a nosa arte a través da música.

Nesta ocasión organizaremos actos no propio día e tamén a noite anterior. O día 16 temos preparada unha verbena por todo o alto, coa participación dos grupos locais «Coro Fuscalheiro», «QuédeQué» e tamén contaremos coa actuación da popular e televisiva «A Banda da Balbina». Os concertos comezarán ás 22:30 horas e dende ás 21:00 horas poderase degustar Porco ó Espeto a prezos populares, contando tamén con cantina.

Xa o 17, Día das Letras Galegas, teremos diversas actuacións e actividades durante todo o día, para tódolos gustos e tódalas idades. Terán protagonismo os rapaces e alumnado da nosa escola de música, mediante actuacións da Banda Infantil, Coro Infantil, Grupo de Clarinetes Kla-son, música tradicional con Orballo e As nove alí, etc. Pola tarde tamén nos acompañarán «Bemolecontos» que farán disfrutar os nen@s coas súas aventuras polo mundo dos libros.

Aparte da compoñente literaria e musical, nese día tamén se intenta fomentar a convivencia entre tódolos membros da Agrupación, grandes e pequenos. Música, contacontos, venda de libros, obradoiros, e postos de comida e postres caseiros a prezos populares, co fin de recadar fondos para as actividades que realizamos durante o ano na escola de música e no colectivo.Tamén contaremos nesta edición coa colaboración da asociación de comerciantes ACOR, participando varios establecementos na colocación de postos de venda.

Todos os actos terán lugar na Praza do Calvario do Rosal, que, en caso de chuvia, estará cuberta cunha carpa.

A Agrupación Musical do Rosal ven organizando esta actividade, en colaboración co Concello do Rosal, dende o ano 2006. En todas as edicións tivemos moi boa acollida por parte do público, asistindo ademais da poboación do Rosal visitantes doutros lugares do Baixo Miño e incluso doutras comarcas da provincia.

Se queres pasar unhas boas xornadas, acércate ata O Rosal a celebrar con nós as Letras!!

Deja una respuesta

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies