José Miguel Pérez Pereira

Natural do Rosal, comeza os seus estudos musicais da man da Agrupación Musical do Rosal, onde estuda linguaxe musical e trompeta co profesor Iván Diego Martínez.

Continuou a súa formación no Conservatorio Profesional de Música de Vigo, estudando trompeta co profesor Luis González Amosa, rematando o Grao Profesional no ano 2018.

Despois, ingresou no Conservatorio Superior de Música de Vigo, na especialidade de interpretación, cos profesores Adolfo Caride e Javier Viceiro, obtendo o título no ano 2023.

Ademais, participou en distintos cursos, entre os que podemos destacar o Maspalomas International Trumpet Festival ou o Festival Hércules Brass, onde recibiu clase de profesores como Esteban Batallán, Reinhold Friedrich, Marcos García Vaquero, Adán Delgado, Luis González, Roberto Bodí ou Nenad Markovic, entre outros.

Actualmente traballa de profesor de trompeta na Escola de Música da Agrupación Musical do Rosal e imparte clases de Linguaxe Musical na Escola de Música Municipal do Porriño.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies