A Agrupación Musical do Rosal, seguindo ca aposta de organizar todo tipo de actos culturais e lúdicos co fin de recadar fondos para as súas propias actividades, informa que o vindeiro sábado 30 de abril ás 22:00 horas o Auditorio do Rosal acollerá «As aventuras de Nabiza Girl», un espectáculo cómico da actriz Isabel Risco. A modo de monólogo, Isabel Risco irá contando as peripecias da «Nabiza Girl» sobre a vida, aventuras, desventuras e problemática dunha superheroína galega e rural.
Isabel Risco é unha actriz galega que se caracteriza sobre todo pola súa espontaneidade e o seu
entusiasmo contaxioso, conta cunha traxectoria profesional amplamente coñecida no teatro, na radio e no audiovisual, destacando polos seus papeis cómicos. Recibiu o prestixioso Premio Mestre Mateo en 2014 á mellor actriz de reparto e é moi destacábel a súa desinteresada participación en todas as causas xustas para as que é requerida, en especial na loita pola dignificación da nosa lingua e da nosa cultura.
O prezo das entradas é de 5 € anticipada e 6 € en taquilla. Se estades interesados en asistir podedes reservar a vosa entrada por adiantado nos teléfonos 986.626.311 ou 609.866.792. Ademais para facilitar a súa compra temos varios puntos de venda espallados polo Baixo Miño.
- O ROSAL: Auditorio do Rosal , Alimentación Armán (A Rotea – Novás), Milar-Telesón e Administración de Loterías.
- A GUARDA: The Celtic Harp, Singular.
- TOMIÑO: Xoiería Denixoia.
- GOIÁN: Fotógrafo Borja.
Se chegado o momento hai entradas reservadas que non se retiraron, poderanse por de novo á venda ao público no propio día.
Se queres escachar coa risa e de paso colaborar coa Agrupación Musical do Rosal non o penses. Esperámosvos!!
1 comment