Blog

IV Concurso de Xoves Intérpretes «Antonio Granja»

IV Concurso Antonio Granja copia

O concurso de Xoves Intérpretes «Antonio Granja» naceu coa idea, nas súas pasadas edicións, de ser un estímulo máis no estudio dos alumnos da escola de música da Agrupación Musical do Rosal. O concurso leva o nome de «Antonio Granja» en agradecemento a este socio fundador, pola súa inestimable dedicación á Agrupación Musical do Rosal dende a súa creación.

A cuarta edición deste concurso terá lugar os días 26 e 27 de maio no Auditorio do Rosal. De novo unha das súas categorías estará aberta a xoves participantes (de entre 17 e 23 anos) de calquera procedencia, que contará cuns atractivos premios (500, 300 e 200 euros), e terá o aliciente especial de que o gañador gozará da oportunidade de actuar como solista coa Agrupación nun concerto posterior.

Isto supón un enorme esforzo organizativo e económico para a Agrupación, que tamén conta co apoio, coma sempre, do Concello do Rosal, a Fundación O Rosal e a Comunidade de Montes de Sta. Mariña, aparte de empresas e comerciantes da bisbarra que tamén quixeron colaborar no proxecto. O prazo de inscrición está aberto ata o próximo 27 de abril  7 de maio.

Bases IV Concurso de Xoves Intérpretes «Antonio Granja»

Deja una respuesta

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies