Ana Fernández Álvarez

Xove intérprete da especialidade de frauta traveseira que leva ligada a este instrumento dende os 8 anos, aprendendo e absorbendo tanto os aspectos do instrumento como os puntos de vista e consellos recibidos de diferentes profesores e intérpretes especializados en este instrumento que leva coñecido ao longo da súa traxectoria.

Participou en diferentes orquestras como a Xove Orquesta430 de Vigo, Orquestra Gaos da Coruña ou, como alumna reserva, na Xove Orquestra Sinfónica de Galicia. Participa tamén en diferentes bandas de música galegas e tivo a oportunidade de tocar en auditorios como o Palacio da Ópera da Coruña, Auditorio de Galicia ou no Palau de la Música Les Arts de Valencia.

No ano 2018 crea, xunto a catro compañeiros mais, o quinteto de vento Éter Enssemble, co que consegue matrícula de honra en diferentes ocasións e co que gaña o Concurso de Música de Cámara do Conservatorio Superior da Coruña. No mesmo ano alcanza o primeiro premio no IV Concurso de Xoves Intérpretes Antonio Granja.

Comenzou os seus estudos musicais na escola de música da Agrupación Musical do Rosal, lugar de nacemento. Despois de catro anos, continuou os seus estudos no Conservatorio Profesional de Música de Vigo, onde permanece ata que no ano 2018 accede ao Conservatorio Superior de Música da Coruña e onde realiza os seus estudios superiores baixo a tutela de Julio Ángel Cabo Messeguer, conseguindo o título de Grao Superior no ano 2022.

Ao longo da súa traxectoria musical recibiu cursos e clases maxistrais de diferentes intérpretes como Silvia Careddu, János Bálint, ou Joan Ibáñez Briz.

Actualmente atópase cursando o Mestrado en Interpretación Solista no Centro Superior Katarina Gurska.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies