José Manuel López «Josele»

Comeza os seus estudos musicais con doce anos baixo a tutela de Delio Represas Carrera, ampliándoos posteriormente nos conservatorios profesionais de Santiago de Compostela e Vigo, Conservatorio Mayeusis, Conservatorio Tradicional da Escola de Artes e Oficios de Vigo, Conservatorio Folque de Lalín e no Conservatorio Superior de Música de Vigo.

É titulado superior na especialidade de instrumentos da música tradicional e popular galega, e titulado profesional en gaita galega, clarinete e saxofón, con formación noutras especialidades como a frauta de pico e a dirección de agrupacións musicais.

Actualmente cursa estudos de Mestrado en Interpretación Musical na especialidade de gaita no Conservatorio Superior de Música de Vigo.

Asistiu a distintos cursos de especialización nos citados instrumentos e dirección a cargo dos mestres: Martín Baleirón, Joan Enric Lluna, Walter Boeykens, José Vicent Egea, Marcel Van Bree, Alejandro Cimadevila, Paulo Gonzalez, Sergio de la Ossa, Edelmiro Fernández, Patrick Molard, Carlos Nuñez, David Bellas.

Foi galardoado en diferentes concursos de música tradicional, como o Memorial “Manuel Villanueva”, o Memorial “Manuel Dopazo”, o Memorial «Ricardo Portela» ou o Concurso de Música Tradicional de Cervo entre outros.

Tamén destaca a súa labor como solista na súa faceta multi instrumentista (gaita, frauta de pico, clarinete, saxofón, ocarina ou zanfona), convidado por agrupacións tanto galegas (Banda Sinfónica da Federación Galega de Bandas de Música, Orquestra Filharmónica “Cidade de Pontevedra”, Bandas Municipais de A Coruña e Santiago de Compostela, Banda de Música de Pontevedra, e numerosas bandas populares da nosa xeografía), como do resto da península (Banda Sinfónica Municipal de Madrid, Banda Municipal de Música de Santa Cruz de Tenerife, Banda Municipal de Palma, Banda Municipal de Villena, AMC d´Albalat de la Ribera, Orquestra de Sopros de Viana do Castelo, etc…). Fóra do mundo clásico e tradicional tamén participou acompañando aos cantantes Lorena Lores e Andrés Suárez.

Ademais da súa faceta de intérprete, foi director das Banda de Música de Forcarei e Banda Municipal de Ribadumia.

Con máis de vinte anos de experiencia docente, exerce como mestre de gaita, clarinete, saxofón, percusión tradicional, zanfona, coro, linguaxe musical e conxunto tradicional en escolas de música das provincias de Pontevedra, A Coruña e Lugo.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies