Iago Marta Lago

Guitarrista e compositor nado en Vigo. Ten o Grao Superior en Jazz polo Conservatori del Liceu e un mestrado en música como arte interdisciplinar pola Universidade de Barcelona – ESMUC. Formouse con profesores como Leo Brouwer, Joan Albert Amargós, Jorge Rossy, Seamus Blake, Tim Miller y Ben Street, entre outros.

Formou parte de proxectos musicais moi diversos como Catpeople, Recitals a domicili, Yexza Lara Quartet, Iago Marta- Rubén Fernández, Sireno e Why Go, tocando gran cantidade de xéneros (jazz, pop, poesía musicada, rock, folk…). Gravou varios discos con proxectos propios e colaboracións: Son do mar (2013) de Iago Marta-Rubén Fernández, Camino (2017) e Encuentros (2014) de Yexza Lara Quartet, Recitals a domicili (2014) e Iago Marta Trio (2011), e tocou con músicos como Sebastián Merlín, Jordi Bonell, Roger Blavia, Jon Robles, Pablo Selnik e Félix Rossy.

Participou en festivais e ciclos como Arenal Sound, FIV de Vilalba, Manzanijazz, Festival de Teatro da UB, Música als parcs, Nunoff, entre outros, e tocou en salas de todo o estado español como Jamboree, Kafe Antzokia, Auditorio do Conservatori del Liceu e Auditorio Víctor Villegas.

Nos últimos anos, centrouse na música para imaxe. Compuxo a banda sonora dos cortometraxes Las vacas de Wisconsin (2016) e Nelson (2016), da productora Eldedoenelojo. Tamén compuxo para cortometraxes documentais como O Castelo da froita (2017) e actualmente está traballando noutros proxectos de ficción, animación e teatro.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies