A Escola de Música da Agrupación Musical do Rosal está autorizada pola Xunta de Galicia, figurando inscrita co código 36000843 no Rexistro de Escolas de Música da Xunta de Galicia.
As materias que se imparten son as seguintes:
- Música e movemento (de 3 a 6 anos, varios grupos)
- Iniciación ó linguaxe musical (7 anos)
- Linguaxe musical e educación auditiva (a partir dos 8 anos, 1º, 2º, 3º, 4º)
- Solfexo para adultos.
- Instrumento (clases individuais impartidas por profesorado de cada especialidade; opcional a partir dos 6 anos, obrigado a partir dos 8 anos):
óboe, frauta, clarinete, saxofón, fagot, trompeta, trompa, trombón, bombardino, tuba, violoncello, contrabaixo, percusión. - Instrumentos complementarios: Piano, guitarra, gaita, instrumentos da música popular **
- Agrupacións: minibanda, banda da escola, combo, coro infantil, coro de adultos, grupo de pandeiretas.
** Piano, guitarra, gaita e instrumentos da música popular só se escollerán no caso de ser maior de 14 anos, ou como segunda especialidade para os alumnos entre 6 e 13 anos.