A banda de música da Agrupación Musical do Rosal presentouse ó público o 4 de maio de 1986, sendo o seu director Laureano Matos Barcia. Dende entón levan pasado pola agrupación varios directores José Luis Represas Carrera (1988-1990), José Vicente Simeó Máñez (1990-2006), Diego Javier Lorente López (2006-2012), Marcel van Bree (2012-2014), Carlos Ramón Pérez (2014-2015), José Javier Bascoy Iglesias (2015-2019) e dende agosto de 2019 está ó cargo da dirección Javier Alonso Pérez.
Dende a súa creación leva organizando innumerables actos culturais, concertos pedagóxicos, de grupos de cámara, con acompañamento coral…, e desde o ano 1989 organiza anualmente o “Festival de Músicos Xoves”, que xa contou coa participación de bandas da Comunidade Valenciana, Murciana e tamén do veciño Portugal.
É solicitada a súa participación en infinidade de certames, festivais, concertos, … e realizou importantes intercambios culturais con outras bandas galegas, así como do resto de España.
Dos premios conseguidos destacan os seguintes:
- 1991: 2º Premio (na máxima categoría), no Certame de Bandas Galegas celebrado en Lalín.
- 1995: 1º Premio no I Certame de Bandas de Música Populares Galegas, organizado pola Consellería de Cultura – Xunta de Galicia en colaboración coa R.T.V.G.
- 1996: 1º Premio no II Certame de Bandas de Música Populares Galegas, organizado pola Consellería de Cultura – Xunta de Galicia en colaboración coa R.T.V.G.
- 1999: Premio da Música concedido pola Fundación Premios da Crítica Galicia, “pola excelente calidade conseguida dentro da moi positiva evolución das bandas populares galegas”.
- 2000: 2º Premio no CXIV Certame Internacional de Bandas de Música “Ciudad de Valencia” na 1ª Sección, celebrado no Palau da Música de Valencia.
- 2001: 2º Premio no XXX Certame Internacional de Bandas de Música “Vila de Altea” (Alacante), celebrado no Palau da Música de Altea, e participando xunto coa Banda Sinfónica da Unió Musical de Llíria.
- 2002: 1º Premio e Mención de Honra no II Certame Provincial de Bandas de Música (Sección Especial), organizado pola Deputación Provincial de Pontevedra.
- 2003: 1º Premio no CXVII Certame Internacional de Bandas de Música “Ciudad de Valencia” na Sección Especial, celebrado na Praza de Touros de Valencia.
- 2003: 1º Premio e Mención de Honra no III Certame Provincial de Bandas de Música (Sección Especial), organizado pola Deputación Provincial de Pontevedra.
- 2004: Premio Are-More concedido polo Concello de Vigo.
- 2005: 1º Premio no XXXII Certamen de Bandas de Música Civiles Amateurs de Campo Criptana (Cidade Real).
- 2009: 1º Premio no Certame Provincial de Bandas (Sección Especial), organizado pola Deputación Provincial de Pontevedra.
- 2010: 1º Premio no Certame Zonal de Bandas da Deputación de Pontevedra (Sec. 1ª).
- 2011: 1º Premio no V Certame Galego de Bandas de Música (Sec. 1ª) organizado pola Federación Galega de Bandas.
- 2013: Premio César Dios Diosiño, Premio Provincial á Cultura 2012, outorgado pola Deputación Provincial de Pontevedra.
- 2017: 3º Premio no 131º Certame Internacional de Bandas de Música «Ciudad de Valencia» (Sec. 1ª), celebrado no Palau da Música de Valencia.
Actualmente, a banda está formada por máis de 80 compoñentes; a maioría deles están cursando estudios musicais en conservatorios profesionais e superiores, chegando a participar en formacións como a Escola de Altos Estudios, Orquestra Sinfónica de Galicia ou JONDE. Ademáis algúns deles ocupa praza en orquestras profesionais, conservatorios e escolas de música.
Dende o 2020 e como consecuencia das limitacións marcadas pola pandemia, organiza O Rosal Cámara Fest, unha iniciativa cultural que pretende achegar a música a todos os recunchos da vila a través de numerosos grupos de música de cámara formados por músicos da propia agrupación. Cada ano é convidado un grupo externo como foron Dextrum Ensemble, Quinteto Rubato, Simant Dúo, Caramuxo ou Camerata Arven.
Colaboraron con esta agrupación diversos concertistas instrumentistas de alto nivel musical e realizáronse cursos de dirección con prestixiosos mestres como Jan Cober, Rafael Sanz, Bernardo Adam Ferrero, Josep Vicent Egea, Ferrer Ferrar ou Pablo Sánchez Torrella.
A banda rosaleira, a través de encargos da Fundación O Rosal e tamén propios, estreou diversas obras para banda, de importantes compositores.
No referente a gravacións ten editados cinco CD propios e colaborou no colaborou no disco de Treixadura “Esa sí que é muiñada”.