Banda Infantil da Agrupación Musical do Rosal

Esta banda presentouse o público a finais do ano 1996 e está formada por 56 nenos e nenas de entre 7 e 16 anos.

O obxectivo fundamental é formar os músicos da canteira seguindo a mesma liña de traballo, para que alcancen o nivel suficiente para acceder a banda da Agrupación Musical do Rosal.

No ano 1999 participa no programa infantil Veo Veo Xacobeo 99 que organiza a Fundación Teresa Rabal e que emitiu a T.V.G., chegando as semifinais. Realizou varios concertos nas distintas parroquias do noso concello dentro dun ciclo denominado “Os novos sons do val”, así como diversos concertos didácticos para os alumnos dos colexios “Mestre M. García” (Oia) e “Manuel Suárez Marquier”(O Rosal).

No ano 2000 organiza no concello do Rosal o “Festival de Bandas de Xuvenís 2000”, que contou coa participación das bandas “Ateneo Musical de Bembrive” e “Agrupación Musical de Belesar”, festival que este ano contará coa presencia da “Banda Xuvenil da Escola de Música de Beade” e coa “Agrupación Musical de Goián”.

En definitiva, o que se pretende con esta formación é que os nenos comecen a ter contacto coa música dentro dun colectivo, que aprendan o que é a afinación, os matices, … , e a tocar baixo a batuta dun director.

Esta banda creouse xa que debido o alto nivel co que conta nestes momentos a Banda da Agrupación Musical do Rosal, os rapaces tiñan que estar moito tempo co instrumento sen poder integrarse na banda.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies