Nace no Rosal, con 8 anos comeza os seus estudos musicais na Banda Agrupación Musical do Rosal, posteriormente continúa no Conservatorio de Música Elemental da Guarda e no Conservatorio Superior de Música de Vigo, onde finaliza os seus estudos superiores na especialidade de clarinete con Francisco Pérez.
Ten realizado diversos cursos de formación e perfeccionamento en Clarinete con profesores de prestixio como, Miguel Espejo Pla, Asterio Leiva, Fernando Abreu, Carles Riera, Mª Ángeles Galán Estacio, Juan Vercher Grau, Esteban Valverde, Jorge García Porral.
Tamén realizou cursos de Pedagoxía Musical e Investigación Psicolóxica e Pedagóxica con profesionais como, Jos Wuytack, Edwin Gordon, Susa Herrera, Inma Espín, …
Na súa faceta como instrumentista foi membro da Banda da Federación Galega de Bandas de Música Populares desde a súa fundación e tamén forma parte da Banda Agrupación Musical do Rosal. Participou en numerosos Certames Nacionais e Internacionais, así como actuou en importantes salas de concerto.
No campo da pedagoxía impartiu clases de Iniciación á Música no Conservatorio Mayeusis-Vigo. No Conservatorio Coppelia-Vigo, na Escola de Música da Agrupación Musical do Rosal e na Escola Municipal das Neves impartiu clases de Clarinete e Linguaxe Musical (nenos e adultos).
Desde o ano 2003 é a directora e foi a fundadora do Grupo de Clarinetes Klason, da Agrupación Musical do Rosal. Actualmente é profesora, con máis de 25 anos de experiencia na docencia, na Escola de Música da Agrupación Musical do Rosal e do Conservatorio Coppelia-Vigo onde imparte clases de Clarinete e Linguaxe Musical.