Celso Diego Martínez

Nace no Rosal onde inicia os seus estudios musicais na Agrupación Musical do Rosal a idade de 13 anos con D. José Vicente Simeó Máñez. Simultaneamente cursa estudios de solfexo e gaita na filial da Guarda, para despois amplialos no Conservatorio Superior de Música de Vigo, onde remata o grao medio na especialidade de Trombón.

En 1990 ingresa na Xove Orquestra de Galicia, onde adquire unha ampla experiencia orquestral realizando concertos por toda a xeografía galega e en diversos países: Arxentina, Chile, Uruguai, Colombia e Venezuela do continente americano, e en Portugal e Francia no europeo.

Durante os anos 1992, 1993 e 1994 desprázase asiduamente a Madrid para perfeccionar os seus estudios de trombón na Academia Santa Cecilia co mestre Enrique Ferrando, solista da Orquestra Nacional de España.

Tamén realiza cursos de perfeccionamento cos mestres Ricardo Casero (Trombón Solista da Orquestra Cidade de Barcelona), Francisco Sevillá (Trombón Solista da Banda Municipal de Madrid), Indalecio Bonet (Ex-membro O.N.E.- Actualmente membro do grupo de metais Luur-Metalls), David Llaser (Tuba da Orquestra Sinfónica de Tenerife), Vicente López Velasco (Tuba do grupo de metais Luur-Metalls), Rogelio Igualada, entre outros.

Realizou cursiños de dirección con Rafael Sanz Espert (Director Banda Sinfónica Unión Musical de Liria), Bernardo Adam Ferrero (compositor), Josep Vicent Egea (Director Banda Municipal de Pamplona).

Foi membro fundador do Grupo de Metais “Alfonso Ulloa” do Rosal, e tamén actuou co grupo de Metais Santa Cecilia de Ferrol. No ano 1992 desprázase a cidade de Lorient (Francia) co grupo de metais do Conservatorio de Vigo, actuando nesta cidade con motivo do intercambio co conservatorio francés.

Foi membro fundador da Banda Sinfónica de Galicia, dirixida por Marcel van Bree, coa que realizou concertos en diversos puntos da xeografía galega, participando na gravación que esta banda editou no ano 1999.

Dende o ano 1999 ata finais do 2005 impartiu clases de vento metal e gaita na Escola de Música Municipal de Porriño.

Na actualidade é mestre da Escola de Música da Agrupación Musical do Rosal, onde imparte clases de linguaxe musical e trombón, ademais dirixe a minibanda (con nenos de entre 8 e 10 anos) e Banda Infantil da Agrupación Musical do Rosal e dende decembro de 2015 a coral San Telmo de Tui.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies