Esta iniciativa xurde no 2003, no seo da Agrupación Musical do Rosal, baixo a dirección de Toñi Santos. Presentouse ó público o 16 de outubro de 2004 atopándose cunha calurosa acollida por parte do pobo rosaleiro.
Desde entón, a coral leva participado en innumerables festivais e encontros de corais por toda Galicia, Asturias, País Vasco, Fuerteventura e no veciño Portugal. Destaca a actuación realizada no ano 2008 na misa do Peregrino na Catedral de Santiago de Compostela. Tamén nese mesmo ano foi finalista e sede organizadora dun dos concertos do III Certame de Corais “En Clave Coral” convocado pola Consellería de Cultura e Fecoga.
En canto a concursos realizados dentro da nosa comunidade participou, no ano 2014 no II Certame Galego de Corais Vila de Arbo e volveu a participar no ano 2016 no IV Certame, acadando desta volta o 1º premio. Recentemente ven de acadar o 3º premio no IX Certame Galego de Corais “Vila de Arbo”. Tamén durante varios anos foi finalista no Festival de Vilancicos de Caixanova (2007, 2010, 2011 e 2012) e ten conseguido en varias ocasións o 2º premio no Concurso de Vilancicos da Catedral de Tui (2007, 2008 e 2009). No ano 2015 conseguiu o 1º premio neste mesmo Concurso.
Xa fora das nosas fronteiras participou, no ano 2008, no II Certame Nacional da Avellana Piloña en Infiesto (Asturias). No 2009 realizou un viaxe ó Pais Vasco, actuando no Centro Galego de Vitoria-Gasteiz e na Igrexa de San Vicente Mártir e no 2016 desprazouse ata Pájara (Fuerteventura), para realizar varios concertos.
Nestes momentos a coral, integrada por 35 compoñentes, encóntrase en plena actividade despois destes últimos anos difíciles por mor da pandemia, con novos proxectos e ampliando o seu repertorio.