Iago Marta Lago

Iago Marta naceu en Vigo, Galicia. Comezou a tocar con bandas de rock na adolescencia. Pasou por Madrid e trasladouse a Barcelona, onde residiu durante unha longa tempada. Alí obtivo o Grao superior de Jazz no Conservatori del Liceu, ademais dun Máster en Música como arte interdisciplinar pola Universidade de Barcelona e a ESMUC. Durante ese tempo estudou con músicos como David Mengual, Dani Pérez ou Andreu Zaragoza, ademais de asistir a clases e cursos con grandes músicos como Seamus Blake, Leo Brouwer, Eddie Gomez, Joan Albert Amargós, Ben Street ou Jordi Rossy, entre moitos outros.

Estivo involucrado en multitude de proxectos de estilos diversos como guitarrista e/ou compositor (Catpeople, Recitals a domicili, Noar, Enric EZ, Orquesta Metamovida… entre outros), lidera o seu propio proxecto, Límbico, traballou como guitarrista de teatro musical, tocou e/ou gravou con destacados músicos como Sebastian Merlín, Felix Rossy, Pablo Selnik, Jordi Bonell, Toni Vaquer, Roger Blàvia, Xan Campos, Wilfried Wilde… xirou por toda a península tanto en festivais como en grandes salas e exerceu a docencia en numerosas escolas de música, entre as que destaca o Taller de Músics de Barcelona.

Dedica parte da súa actividade profesional á composición de música para imaxe, incluíndo curtametraxes, vídeoarte, documentais, spots ou dramaturxia, e o seu traballo puido verse en festivais de cinema de Europa e Sudamérica, salas de exposicións, teatros, etc.

Actualmente reside en Vigo e forma parte de diversos proxectos musicais. Ademais, continúa compondo música para o audiovisual e exerce a docencia en varias escolas da provincia de Pontevedra.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies