Comeza os seus estudos musicais á idade de oito anos no CMUS Profesional da Estrada, na especialidade de saxofón, baixo a tutela do mestre Javier Comesaña Pereira. No ano 2008 obtén o título Profesional de Música na especialidade de saxofón no devandito centro, alcanzando a máxima puntuación no Concerto de Fin de Grao. Nese mesmo ano comeza os estudos superiores na aula Internacional de Saxofón do Conservatori Superior de lles Illes Balears, tutelado polos mestres Rodrigo Vila, Andrés Gomis, Ana Lencina, José Miguel Canteiro e Yuko Mizutani.
Durante a época de estudante foi membro activo da C.G.S (Companyía Géneral de Saxófons), coa que realiza xiras por diversos países de Europa, destacando a actuación como agrupación convidada no “Escandinavian Saxophone Festival” de Suecia. Tamén foi membro do cuarteto Arsys e do cuarteto Hoffmann Quartet, co que participa en diversos concursos, resaltando os premios gañados no I Concurso de Cuartetos “Yamaha” e o premio do organismo Injuve. Individualmente consigue o terceiro premio na modalidade de música catalá do século XX-XXI do concurso “L’arjau”.
Neste período de tempo recibe masterclases de mans de: Jean Marie Londeix, Mª Bernardette Charrier, Arno Bornkamp, David Brutti, Daniel Gauthier, Randal Hall, Alain Damiens, Mario Caroli, entre outros moitos.
En 2013 gradúase con matrícula de honra na especialidade de saxofón. Posteriormente segue formándome como intérprete en Italia baixo a Tutela de David Brutti, así como noutras facetas, destacando un dobre mestrado en Propiedade Intelectual e en Management.
No que á traxectoria profesional se refire, traballou como docente en diversas escolas e conservatorios de Galicia e Baleares. Colaboreu coa Xove Orquestra Sinfónica de Galicia e con diversas agrupacións nacionais, así como realizou diversos cursos de perfeccionamento pola xeografía galega.
Actualmente é membro activo e cofundador do cuarteto Dextrum Ensemble, co que realiza concertos pola xeografía galega e portuguesa, e co que realizaron colaboracións coa Asociación Galega de Compositores, incluíndo varias estreas de repertorio orixinal para saxofón. Esta actividade como intérprete síguea compaxinando co meu labor docente.