Comeza a súa traxectoria musical a idade de 8 anos. Nada en Moaña, o que comezaría como unha actividade extraescolar na Escola Municipal de Música de Moaña coa mestra María Graña, converteuse na súa paixón.
Anos máis tarde, trasladouse a Vigo onde continuou os seus estudios no Conservatorio de Música Mayeusis con Juana Mora e Ausra Bernataviciute. No ano 2011 cambiouse ao Conservatorio Profesional de Música de Vigo co pianista Emilio Álvarez Cid co que finalizou os seus estudos profesionais.
A súa curiosidades levouna a viaxar a Londres onde aprendeu inglés e recibiu clases durante un ano, do compositor e pianista canadiense Douglas Finch. A súa volta, compaxinou os seus estudos musicais coa carreira de Comunicación Audiovisual na Universidade de Vigo.
Realizou varios proxectos compositivos para curtametraxes na facultade, e xunto cunha compañeira violinista, un referido a música e a saúde mental denominado “Música pola Saúde”. Participou en concursos de música de cámara no Conservatorio Superior de Vigo, centro onde continuou e rematou no ano 2024 a súa carreira musical xunto co pianista e compositor Nicasio Gradaille Peña.
Ampliou os seus estudos pianísticos con clases maxistráis de Ilona Timchenko, Katerina Bazhenova, Aleksandra Zvirlbyte, Yamini Prabhu entre outros.
Actualmente compaxina a súa actividade musical pianística con proxectos no ámbito da comunicación.