Murga Airiños do Cereixo

A murga Airiños do Cereixo é un grupo que parte da idea de volver a recuperar a tradición das murgas no Baixo Miño, dende as xeracións máis novas. Ademais desta vertente máis tradicional, a súa intención é mesturar isto cunha faceta máis actualizada, co obxectivo de chegar a todos os públicos por igual, facendo bailar xuntos/as a maiores e mozos/as. Tocan en romarías, festas, vodas e todo tipo de eventos, animando á xente e levantándoas das súas cadeiras. Fan as súas propias versións de cancións tradicionais e de temas máis modernos, dándolles sempre o seu toque persoal.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies