Rubén Fernández Álvarez

Músico e intérprete na especialidade de tuba que leva ligado a este instrumento desde os 8 anos. Conta con experiencia laboral, así como o dominio de instrumentos nas tonalidades de Do, Fa e Sib, ademais de ter a especialización en ensino.

Comezou os seus estudos musicais na escola de música da Agrupación Musical do Rosal. Posteriormente, continuou os seus estudos no Conservatorio Profesional de Música de Vigo, onde no ano 2016 alcanza o Premio Fin de Grao. O Grao Superior realízao no Conservatorio Superior de Música de Castela e León, baixo a tutela de José Manuel Redondo, tuba titular da Orquestra Sinfónica de Castela e León.

No ano 2021 consegue o Premio Extraordinario outorgado polo Conservatorio Superior de Castela e León como mérito aos seus catro anos de carreira. Entre outros premios podemos destacar o Premio Fin de Grao Profesional, así como o segundo e terceiro premio conseguidos no VI e VII Concurso de Xoves Intérpretes “Antonio Granja», respectivamente.

No ano 2022 conclúe os seus estudos de mestrado na especialización de Profesorado de Educación Secundaria na Universidade de Santiago de Compostela (USC), e actualmente está a piques de finalizar os seus estudos de Grao en Primaria na Universidade do Atlántico Medio (UNAM).

Entre a súa experiencia laboral podemos mencionar que leva traballando desde 2021 en diferentes escolas de música do panorama galego tanto nas especialidades tuba e bombardino como nas de trombón. Así mesmo, traballou como profesor de Linguaxe Musical desde o 1º ao 5º curso na escola da Banda Cultural de Salceda de Caselas.

Ao longo da súa carreira formou parte da Orquesta Joven da Comunidad de Madrid (Orcam), e da Xove Orquestra Sinfónica de Galicia (OXSG), ademais de ter a oportunidade de participar en varias ocasións coa Orquestra da Escola de Altos Estudos de Santiago e a Orquesta Sinfónica de Castilla y León (OSCyL).

Durante toda a súa carreira tomou cursos e clases maxistrais con innumerables profesionais da tuba e o bombardino a nivel nacional, entre os que podemos destacar a Iñaki Fernández Rodríguez, César Núñez Pérez, Joan Mont, Alfonso Moyá ou José Luis Vázquez, e internacionais como Shmuel Hershka, Mike Forbes, Floyd Cooley, Sergio Carolino ou Ricardo Carvalhoso.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies