Comezou os seus estudos musicais na escola de música da Agrupación Musical do Rosal, continuando coa súa formación no Conservatorio Profesional de Tui. En 2016, iniciou o Grao Superior de Música no Conservatorio Superior Katarina Gurska (Madrid), onde participou activamente en varios grupos orquestrais e de cámara.
Durante o seu tempo en Madrid estudou con Vicente Alberola e Eduardo Raimundo e foi clarinete titular na Orquesta del Real Sitio de la Granja de San Ildefonso e na Orquesta del Máster de Dirección de Orquesta do Conservatorio Superior Katarina Gurska.
Seguidamente, cursou o Máster en Interpretación de Clarinete en ESMAR (Valencia), donde seguíu cultivando a súa experiencia en música orquestral e de banda. O mesmo tempo, foi complementado a súa formación académica traballando como profesora de clarinete en varias academias de música dende 2018.