Nesta cita xa tradicional na súa axenda de concertos de cada ano a agrupación rosaleira que dirixe José Javier Bascoy ofrécenos un programa que leva por título «Entre o divino e o pagán», que a través da música de grandes autores, fará un percorrido por sonoridades que van dende a música puramente contemplativa, como en Lux Aurumque de Eric Whitacre, ata sonoridades propias de Stravinsky, como nas Danzas Paganas de James Barnes, sen perder de vista a música española, coas Danzas Fantásticas de Turina.
Será o vindeiro domingo día 20 de Marzo, ás 18:30 h. no Auditorio Municipal do Rosal.